Un maletín cheo de bicos!!

Data: 
sábado, 11 de Abril de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Celebramos o Día internacional do bico cunha proposta multidisciplinar.

O vindeiro sábado 11 de abril ás 11:00 h conmemoramos na biblioteca o Día internacional do bico cunha actividade pensada para nenos e nenas a partir de 4 anos. Será unha sesión dinámica e multidisciplinar na que descubriremos a orixe desta curiosa celebración, gozaremos cun contacontos e remataremos cun pequeno obradoiro creativo.

Nesta parte final, cada participante poderá dar renda solta á súa imaxinación elaborando o seu propio “maletín de bicos”, un recordo moi especial para levar para a casa.

Para participar:

  • Os nenos e nenas deberán ter os 4 anos cumpridos e o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 7 de abril ás 16:00 h, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.