Unha noite no muíño: Cantareiras

Data: 
sábado, 10 de Maio de 2025
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Celebramos o Día das Letras Galegas coas nosas cantareiras

O vindeiro sábado 10 de maio ás 11:00 comezaremos a celebración do Día das Letras Galegas cunha actividade moi especial. Caxoto Contacontos tráenos un espectáculo dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e ás súas familias, no que viaxaremos no tempo para coñecer a vida das nosas cantareiras e, en particular, das homenaxeadas este ano no Día das letras galegas.

Descubriremos de primeira man a orixe do noso baile e canto tradicional e, aproveitando que Caxoto leva bailando muiñeiras e tocando a gaita e a pandeireta dende os seis anos... igual acabamos bailando tamén nós!

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas deben ter cumpridos os catro anos e dispoñer do carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 6 de maio ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173.