Unha noite no muíño... Lembrando a Antón Fraguas

Data: 
sábado, 11 de Maio de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo infantil e familiar para celebrar o Día das letras galegas

Como sabedes, este ano adícase o Día das letras galegas a Antón Fraguas. Este autor foi un gran investigador dos costumes, tradicións e ritos da nosa cultura.

Para celebrar esta data e homenaxear a Antón Fraguas e a súa obra, Caxoto contacontos ofrécenos un espectáculo co que viaxar ao pasado e descubrir como vivían, como traballaban e como vestían os nosos antergos pero, sobre todo, como disfrutaban do seu ocio. Tanto é así que o espectáculo rematará cunha festa na que cantaremos e bailaremos ao son dunha gaita.

Esta actividade, denominada Unha noite no muíño, vaise desenvolver o sábado 11 de maio ás 11:00 da mañá e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos e as súas familias.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É impresdindible reservar praza a partir do martes 7 de maio ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.