Unha receita contra as burlas

Data: 
sábado, 14 de Setembro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para público infantil (a partir de 4 anos) e familiar

O vindeiro sábado 14 de setembro ás 11:00 horas, retomamos o noso programa de actividades infantís na biblioteca cun contacontos dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e as súas familias: Unha receita contra as burlas.

Nesta sesión Nerea Brey presentaranos a historia de Marga, unha nena que comeza a ter problemas de visión e debe poñer lentes. O primeiro día que vai ao colexio con elas, algúns dos seus compañeiros e compañeiras comezan a burlarse dela. Tamén coñeceremos aos xemelgos, que asisten á mesma escola que Marga e que, pouco despois, tamén se converten en vítimas das burlas.

Este contacontos pretende sensibilizar contra o acoso escolar, mostrando como a amizade e o apoio mutuo poden facer fronte a situacións difíciles. Marga e os xemelgos atoparán nas súas amizades a forza para superar as burlas e defenderse.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 10 de setembro ás 9:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 durante o horario de apertura da biblioteca.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.