Veráns de Lecer Consumo: dúas actividades para aprender xogando na biblioteca

Data: 
venres, 28 de Agosto de 2026
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

O venres 28 de agosto a biblioteca acolle dúas actividades gratuítas do programa «Veráns de Lecer Consumo», dirixidas á rapazada de 3 a 12 anos.

Este verán a biblioteca acolle dúas actividades do programa «Veráns de Lecer Consumo», unha iniciativa da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que achega a rapazada diferentes cuestións relacionadas co consumo responsable, os dereitos das persoas consumidoras e usuarias e o lecer activo, sempre a través de propostas lúdicas e participativas.

As dúas actividades desenvolveranse o venres 28 de agosto na biblioteca:

Ás 11:00 h · «Xogueteando: un lecer diferente!»
Para nenos e nenas de 3 a 6 anos.

É unha proposta baseada en xogos lúdicos, alternativos e colaborativos na que a rapazada descubrirá formas de practicar un consumo responsable e gozar dun lecer activo e diferente. Tamén se traballará sobre os xoguetes seguros e sen riscos.

 

Ás 12:30 h · «A xincana do consumo responsable»
Para nenos e nenas de 7 a 12 anos.

Unha divertida xincana na que os grupos deberán superar diferentes probas relacionadas co consumo responsable, sostible e consciente. A través do xogo, as e os participantes achegaranse tamén aos seus dereitos como persoas consumidoras e usuarias.

 

Para participar nas actividades:

  • Os nenos e nenas deberán tero carné da biblioteca e a idade indicada para cada unha das propostas.
  • É necesario reservar praza a partir do luns 24 de agosto ás 18:00 horas. Podedes facelo de xeito presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

IMPORTANTE: todos os nenos e nenas deberán quedar acompañados/as dunha persoa adulta.