Viaxe aos soños con Hoffmann
Actividade lúdica arredor de Ernest Theodor Amadeus Hoffmann, no 250 aniversario do seu nacemento.

Na Biblioteca Pública Municipal de Narón convidámosvos a mergullarvos no universo máxico e imaxinativo do escritor alemán Ernest Theodor Amadeus Hoffmann, coincidindo coa celebración do 250 aniversario do seu nacemento.
Nesta actividade, dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos, descubriremos quen foi este autor tan singular e achegarémonos a unha das súas historias máis fascinantes. Coñeceremos ao Home de area, un personaxe misterioso que viaxa polas noites deixando un po máxico para axudar a durmir e a soñar.
Tras a narración do conto, realizaremos un pequeno obradoiro creativo no que cada participante poderá elaborar a súa propia bolsiña de soños, inspirada neste personaxe tan especial.
Esta actividade terá lugar o sábado 24 de xaneiro ás 11:00 horas.
Para participar na actividade:
- É necesario ter cumpridos os 4 anos.
- Cómpre dispoñer do carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendentes.
- A reserva de praza poderá realizarse a partir do martes 20 de xaneiro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981 38 21 73, en horario de apertura.
Unha proposta chea de literatura, creatividade e imaxinación… para celebrar a Hoffmann e soñar cos ollos ben abertos.







Engadir comentario