As viaxes de Irene: Guatemala
Un percorrido polo país da eterna primavera.
A compañía Solidariedade Internacional de Galicia visitounos o ano pasado por estas datas. A encargada de traernos historias e contos foi Irene, unha nena viaxeira que veu falarnos da súa experiencia no Sahara.
Este ano recibimos novamente a Irene, esta vez para falar aos nenos e nenas a partir de 3 anos da historia, da cultura, das cancións, das xentes e dos contos de Guatemala. A cita con ela é o sábado 21 de abril ás 11:00 horas.
Se queredes que os vosos fillos e fillas disfruten desta actividade:
- Lembrade que teñen que ter o carné da rede de bibliotecas e non ter sancións pendentes.
- É imprescindible reservar praza a partir do martes 17 de abril ás 16:00 horas, no mostrador de préstamo da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Unha imaxe da visita de Irene o pasado ano:
Engadir comentario