Luis Mateo Díez é o novo Premio Nacional das Letras Españolas 2020, un galardón que o Ministerio de Cultura outorga anualmente dende o ano 1984 en recoñecemento ao conxunto da obra literaria dun escritor ou escritora en calquera das linguas españolas.
Entre as obras que lle valeron este recoñecemento destacan:
► La fuente de la edad, Premio da Crítica 1986 e Premio Nacional de Narrativa 1987.
► La ruina del cielo, Premio da Crítica 1999 e Premio Nacional de Narrativa 2000.
► La cabeza en llamas, Premio Francisco Umbral ao Libro do Ano, 2012.
Na nosa biblioteca podedes atopar unha vintena de obras da súa autoría.
Engadir comentario