Campaña "Gústame o galego"

mércores, 8 de Maio de 2013

“Gústame o galego”  é unha campaña organizada pola Concellaría de Educación, a través do Servizo de Normalización Lingüística co motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.

Foi ideada e promovida pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua co obxectivo de visibilizar o apoio individual das persoas ao proceso de normalización lingüística a través de fotos con frases suxestivas sobre o uso do galego en diversos ámbitos e situacións.

Estades convidados/as a participar mostrando o voso apoio á lingua galega a través dun photocall que se instalará na biblioteca o luns 13 de maio, de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

As fotografías tomadas difundiranse posteriormente no Facebook de Gústame (www.gustame.gl)