Club de lectura feminista

xoves, 10 de Setembro de 2020

Poñemos en marcha unha nova actividade para persoas adultas

A partir desta nova tempada a biblioteca ofrece unha nova proposta para persoas adultas (e menores de idade con autorización): o Club de lectura feminista.

O obxectivo desta actividade é poder coñecer, reflexionar e compartir sobre diferentes temas e cuestións desde unha perspectiva feminista a través da lectura de diferentes autoras. Preténdese crear un espazo onde o debate sexa construtivo e enriquecedor e a partir do cal se poidan tecer novas redes.

O prazo de inscrición estará aberto a partir do luns 14 de setembro ás 9:30 horas para todas as persoas que teñan carné da rede de bibliotecas. Podedes inscribirvos de maneira presencial na propia biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

A xornada de presentación terá lugar o xoves 24 de setembro ás 18:00 horas na sala multiusos da segunda planta. As seguintes xuntanzas están programadas para a mesma hora nos días:

  ♦ Xoves 8 de outubro.

  ♦ Xoves 22 de outubro.

  ♦ Xoves 5 de novembro.

  ♦ Xoves 19 de novembro.

  ♦ Xoves 3 de decembro.

  ♦ Xoves 17 de decembro.

Adicaranse dúas sesións do club para cada unha das lecturas.

A Biblioteca de Narón proporcionará de balde un exemplar do primeiro libro a comentar (O conto da criada, de Margaret Atwood) a cada persoa participante. As seguintes lecturas poderán provir do préstamo da Biblioteca de Galicia ou, nalgún caso, terán que ser adquiridas polos/as membros do club.

A sala de xuntanzas estará disposta para garantir a distancia de seguridade entre as persoas participantes nesta actividade.

 

 

Etiquetas: 
Club de lectura feminista
feminismo
Biblioespazo 2020