Club de lectura vital en marzo

martes, 24 de Febreiro de 2015

Xa está fixada a data e a lectura para a próxima xuntanza do Club de Lectura Vital.

ATENCIÓN! A Data foi modificada

Tras a reunión do pasado venres 20 de febreiro, na que se debatiron os aspectos máis salientables da obra La brújula interior, de Álex Rovira, os/as membros do Club de Lectura Vital fixaron como data para a próxima xuntanza o venres 13 de marzo. Para este día todos/as eles/as terán que ter lido Poderosa mente, de Bernabé Tierno.

Este clube de lectura aínda non acadou o número máximo de participantes. Se queres inscribirte podes facelo en calquera dos mostradores da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

ACTUALIZACIÓN: A data desta sesión pasou para o venres 27 de marzo ás 19:00 horas.

Etiquetas: 
Clube de lectura vital
Actividades
Adultos