Conciliaescola verán 2017
Obradoiro para nenos e nenas entre 4 e 12 anos no período de vacacións escolares.
Prazo de solicitude: do 9 ao 16 de maio, de 8:30 a 13:30, mediante solicitude presentada no Rexistro xeral do Concello.
Que é Conciliaescola?
Conciliaescola é un obradoiro no período de vacacións escolares que busca fomentar a conciliación da vida laboral e familiar.
Presentación de solicitudes:
Do 9 ao 16 de maio, de 8:30 a 13:30 horas, mediante solicitude presentada no Rexistro xeral do Concello.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
As solicitudes que non estean completamente cumprimentadas e/ou non acompañen toda a documentación non serán valoradas.
Persoas Beneficiarias:
Poderán participar en Conciliaescola, nenos e nenas entre 4 e 12 anos, empadroados/as no Concello de Narón cando traballen os dous membros parentais: pai, nai, custodio/a, ou titor/a, etc. salvo as familias monoparentais.
A adxudicación efectuarse por rigorosa orde de inscrición.
Para ser admitido/a será necesario non padecer enfermidade infecto contaxiosa en fase activa nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.
O incumprimento destos requisitos dará lugar á inadmisión da solicitude.
A renuncia á praza que teña axudicada deberá realizarse por escrito no Rexistro Xeral do Concello de Narón.
Quendas:
- 1ª Do 26 ao 30 de xuño.
- 2ª Do 3 ao 7 de xullo.
- 3ª Do 10 ao 14 de xullo.
- 4ª Do 17 ao 21 de xullo.
- 5ª Do 24 ao 31 de xullo
(Excluídos festivos)
Só se concederá unha quenda por participante, salvo que existan prazas vacantes noutras quendas, e se cubrirán coa mesma prioridade de orde de inscrición.
Horario:
Horario 1: de 7:30 a 14h (transporte só de volta)
Horario 2: de 9 a 14h (transporte de ida e volta)
Horario autobús IDA: concretarase antes do inicio da actividade en función das paradas solicitadas.
Horario autobús VOLTA: saída ás 14:00 h.
Paradas do autobús: O autobús recollerá e deixará ós/ás nenos/as, nos seguintes lugares:
- A Gándara: Casa da mocidade
- Alto: casa do Concello
- San Mateo: Centro cívico social
- A Solaina: Polideportivo Campo da Serra
- O Val: Cooperativa
- Piñeiros: Centro cívico social
- San Xiao; Pazo Libunca
- Xuvia: Praza do Colexio
- Castro: O Paraxe
- Pedroso: Igrexa
- Sedes: Centro Cívico
- Doso: Igrexa
O Concello poderá suspender o servizo de transporte cando non exista unha demanda para a súa utilización mínima de 10 participantes. Tal circunstancia será comunicada oportunamente ás familias con antelación suficiente.
Información sobre o uso da imaxe:
Co fin de lograr a difusión efectiva desta actividade para vindeiras convocatorias e co obxectivo de garantir a transparencia, a eficacia e a eficiencia na organización e xestión pública (artigo 2.b da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración Pública Galega), de proporcionar e difundir información constante, veraz, obxectiva e clara sobre a actuación do sector público (2.c), recolleranse experiencias e mesmo fotografías das instalacións e das persoas participantes que poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como en páxinas web do Concello de Narón.
Para estes efectos, a presentación da solicitude de participación implica a autorización para a publicación destas imaxes.
Prezos:
Os prezos de aplicación para cada quenda desta actividade aparecen detallados na ordenanza fiscal nº 15 (8,15€ participante/quenda).
MÁIS INFORMACIÓN: 981 33 77 00 · Fax: 981 33 77 01 · CIF: P 1505500 G · Sede Electrónica: www.naron.es
ORGANIZA: Concellería de igualdade e promoción social
Engadir comentario