Contos futbolísticos
Hoxe 12 de xuño comeza a Copa do Mundo 2014, que esta vez se celebra en Río de Janeiro. A biblioteca non podía ser allea a este acontecemento que encherá de fútbol as nosas vidas durante todo un mes, así que temos seleccionados para ti moitos contos nos que o “deporte rei” é o tema principal.
Recén chegadas á biblioteca temos dúas coleccións moi especiais:
Los sambistas del balón, de Fabian Lenk.
Esta colección está ambientada no propio Mundial de Río de Janeiro deste ano. Todos os contos teñen un componente de misterio: roubos, amaño de partidos, secuestro de xogadores… con tramas que se desenvolven nos mesmos escearios que estes días poderemos ver na televisión.
Los futbolísimos, de Roberto Santiago.
O equipo de fútbol Soto Alto está a piques de desaparecer, por eso os seus integrantes deciden formar o grupo secreto Los Futbolísimos para tratar a toda costa de evitalo e poder seguir xogando xuntos.
Ademáis, outras coleccións sumerxerante por completo no mundo futbolístico:
Sara y las goleadoras, de Laura Gallego García.
Unha rapaza que non quere quedar fóra do equipo de fútbol do instituto convence a dez amigas para formar un equipo propio. Non só simplemente contos sobre fútbol, recollen experiencias vitais que todos os mozos e mozas da idade de Sara viven. As súas aventuras poñen de manifesto valores coma a amizade, o compañerismo e a xustiza, pero sobre todo a igualdade e o esforzo.
No sólo fútbol, de Violeta Monreal.
Cada un dos títulos da colección ten como protagonista un dos integrantes do equipo Los Planetas, formado por rapaces e rapazas. Cada historia ten como referencia un partido de fútbol pero, como o nome da colección indica, no é este o único tema do que trata. A través das vidas dos protagonistas veremos tamén temas fundamentais como a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia ou a multiculturalidade.
Locos por el fútbol, de Frauke Nahrgang.
Outra colección da que podemos extraer valores positivos do deporte: respeto polo rival, xogo limpo, traballo en equipo, asunción de erros…
Las Fieras Fútbol Club, de Joachim Masannek. Presenta tamén o deporte como fonte de valores positivos: a forza da amizade e a unión ante a adversidade están presentes no seu argumento, coma en todos os contos protagonizados por unha pandilla de amigos e amigas.
Fóra de coleccións temos tamén moitos outros contos, como:
Kika Superbruja, loca por el fútbol, de Knister. Neste capítulo Kika convértese en toda unha experta en tácticas futbolísticas.
Bimba se apunta al fútbol, de Elisabet Capdevila. Outra historia de superación de prexuizos e discriminación na que triunfa o respecto e a tolerancia.
Las tres mellizas marcan un gol, de Roser Capdevila. Tras unha das súas típicas trastadas, as tres mellizas van recibir como castigo unha viaxe a un lugar cheo de balóns, pero axiña han comprender que non é precisamente un parque de xogos.
Julie en el campo de fútbol, de Renate Welsh. Unha vez máis, unha nena loita contra os estereotipos que poñen obstáculos para acadar o seu soño, ser xogadora de fútbol.
Kiatoski: goles, trucos y matones, de Jürgen Banscherus. Kiatoski é un detective que non dubidará en facerse pasar por xogador de fútbol (deporte que nunca lle gustou) para averiguar quen anda a boicotear os partidos.
Como ves, calquera destes contos entusiasmará incluso a aquelas persoas ás que non lles apaixoe o fútbol. En todos podemos atopar compoñentes extra (misterio, aventura, humor...) e unha grande dose de valores que están asociados ao fútbol e a calquera deporte en xeral.
Esperamos que disfrutes esta pequena selección!
Engadir comentario