Día da poesía 2019

xoves, 14 de Marzo de 2019

A biblioteca adica unha semana á poesía con diferentes actos

 

En 1998 a Unesco declarou o 21 de marzo como o Día mundial da poesía e lanzou un comunicado para avalar esta conmemoración:

 "É evidente que unha acción mundial a favor da poesía da un recoñecemento e un impulso novo aos movementos poéticos nacionais, rexionais e internacionais. Esta acción debe ter como obxectivo principal soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética e dar aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades respectivas".

 

Na biblioteca queremos conmemorar esta data levando a cabo diferentes accións durante toda a semana que enmarca o 21 de marzo.

De agasallo un poema:

Todas as persoas que se acheguen aos mostradores (tanto da sala infantil coma a de adultos/as) levarán un poema de agasallo.

Remata a estrofa:

Durante toda a semana poderedes xogar na nosa conta de Facebook a retamar as estrofas de poemas da literatura en lingua galega e española.

Recital de poesía:

O xoves 21 de marzo o grupo poético Moraima, a grafía de emoción, deleitaranos cun recital poético que vai ter lugar ás 19:30 h na sala multiusos da plata sótano.

Abrirá o acto Aurora Varela , escritora e mestra. Participarán os/as membros do colectivo e ademáis:

  • Antón Cortizas (escritor e mestre).
  • Francisco Pérez Alonso (pintor, poeta e músico).
  • Juan Carlos Valle, Karlotty (poeta e fundador da Semana de poesía salvaxe de Ferrol).
  • Francisco Vila Fuentes (poeta e escritor).

O recital poético estará acompañado pola música en directo de:

  • Eugenia Sanmartín Alonso (guitarra e voz).
  • Julia María Dopico Valle (bandurria).

 

 

Etiquetas: 
Día mundial da poesía
Recitais poéticos
Colectivo Moraima
Biblioespazo 2019