Día internacional das bibliotecas 2023

luns, 16 de Outubro de 2023

Ven celebrar con nós o día máis importante do ano, o Día internacional das bibliotecas

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas. A proposta xurdiu da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

Este vindeiro sábado 28 sacamos a biblioteca de Narón á rúa para celebrar o seu día grande. Estaremos na Praza de Galicia de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 para a dinamización do noso servizo de dúas maneiras:

Dándovos información:

Na nosa carpa de actividades atoparedes expostos os materiais da biblioteca:

  • Prensa e revistas.
  • Material librario e audiovisual das seccións que máis se moven no servizo de préstamo de adultos (psicoloxía, cociña, economía, saúde, turismo, historia, cómic, novidades de narrativa…).
  • Material librario e audiovisual da sección infantil e da bebeteca, organizado por grupos de idades.
  • Boletíns de novidades, boletíns de seleccións bibliográficas,...
  • Fotografías das actividades que realizamos durante este ano 2023.

Tamén poderedes consultar e levar información de interese xeral como:

  • Díptico coa información xeral sobre o horario e os servizos da biblioteca.
  • Díptico coa normativa da sala de informática.
  • Impreso de solicitude de carné.
  • Impreso de solicitudes de adquisicións.

Por suposto tamén poderedes consultar todas as vosas dúbidas co persoal da biblioteca que vai estar presente durante toda a xornada.

Ofrecéndovos varios espectáculos:

Ás 11:30 Carapuchiña vermella e os cinco lobitos. Contacontos para bebés a cargo de Ángeles Goás e Cristina Castro.

Ás 12:00 Os contos do traxugas. Contacontos para público infantil e familiar a cargo de César Nó.

Ás 17:00 Obradoiro de maxia co Mago Noel. Para público de 6 a 10 anos e con inscrición previa. Podedes formalizar a vosa inscrición a partir do mércores 25 de outubro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Ás 18:30 O Mago Noel presenta Que curioso! Espectáculo de maxia para todos os públicos.

 

Agardámosvos!!

 

 

Etiquetas: 
Día internacional das bibliotecas
Biblioespazo 2023