Data e lectura para o vindeiro encontro do Club de Lectura Vital
Xa está fixada a data, a hora e a lectura para o próxima xuntanza do Club de Lectura Vital
O pasado venres 23 de xaneiro tivo lugar a primeira xornada do Club de Lectura Vital. Nesta sesión fixemos unha presentación do que é e como se vai desenvolver a actividade.
Os/as membros decidiron por maioría que o primeiro libro a ler sexa La brújula interior, de Alex Rovira. Na seguinte xuntanza, fixada para o venres 20 de febreiro ás 19:00 horas, debatirán sobre todos os asptectos deste libro.
Se queres participar nesta actividade aínda estás a tempo de apuntarte. Podes deixarnos os teus datos (nome, teléfono e enderezo electrónico) no mostrador da biblioteca, chamando ao 981 382 173 ou escribindo a biblioteca.central@naron.es
Engadir comentario