Data para o Club de Lectura Vital en maio

luns, 30 de Marzo de 2015

Fixada a data e as lecturas a comentar na vindeira xuntanza do Club de Lectura Vital

Os/as integrantes do Club de Lectura Vital reuníronse este pasado venres 27 de marzo para comentar o libro Poderosa Mente, de Bartolomé Tierno.

Entre todos/as fixaron como data para a próxima xuntanza o venres 8 de maio (ás 19:00 horas) e elexiron como lecturas a analizar La magia, de Rhonda Byrne e La buena suerte, de Fernando Trías e Álex Rovira.

O Club de Lectura Vital aínda ten prazas dispoñibles para todas aquelas persoas maiores de idade que queran participar nel. Se queres inscribirte infórmate no mostrador de préstamo da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

Etiquetas: 
Clube de lectura vital
Actividades
Adultos