Exposición de pintura

luns, 4 de Maio de 2015

A biblioteca acolle unha exposición do naronés Antonio Quintía

Dende o luns 4 e ata o sábado 16 de maio podedes visitar na pranta baixa da biblioteca a exposición de pintura do naronés Antonio Quintía.

A exposición está formada por dez cadros onde os protagonistas son as xentes e as paisaxes galegas e que levan por títulos:

  1. Descarga do peixe
  2. Ollando
  3. Rapaces asustados
  4. Facendo o camiño
  5. Limpando o areal
  6. O muíño
  7. Afiando as fouces
  8. O artesán
  9. Parolando na rúa 
  10. Os segadores

Etiquetas: 
Exposicións
Pintura
Antonio Quintía
Biblioespazo 2015