Facemos un lip-dub?

luns, 6 de Outubro de 2014

Cando?
Os sábados 11 e 18 de outubro

A que hora?
De 10:00 a 11:30

Que faremos?
Entre todos e todas idearemos o guión dun divertido vídeo que amose todos os recunchos da biblioteca. Nós seremos finalmente os protagonistas bailando ao son da música.

  • Sábado 11: guión e ensaio.
  • Sábado 18: ensaio e gravación.

Se tes entre 5 e 14 anos podes reservar a túa praza para esta actividade a partir do luns 6 de outubro ás 16:00 horas, achegándote á biblioteca ou chamando ao 981 382 173.

Lembra que é imprescindible a autorización asinada do teu pai, nai ou titor/a para a publicación da túa imaxe no vídeo.

Se queres ver un exemplo dalgún outro lip-dub podes premer aquí ou aquí