Faladoiro informativo: Día mundial das persoas corredoras
Mércores 5 de xuño ás 19:00 na sala multiúsos de planta soto.
Biblioteca Pública Municipal de Narón.
O primeiro mércores de xuño celébrase o Día Mundial do Corredor, unha xornada para homenaxear aos millóns de corredores e corredoras en todo o mundo e promover un estilo de vida activo e saudable.
En conmemoración a esta data tan especial, a biblioteca organiza o mércores 5 de xuño ás 19:00 horas unha faladoiro informativo en colaboración co Club Deportivo 21 Leguas de Narón.
Beneficios de correr:
- Fortalecemento do sistema cardiovascular e respiratorio.
- Optimización do sistema osteoarticular (ósos, ligamentos e articulacións) e do sistema muscular (músculos e tendóns).
- Fortalecemento do sistema inmune.
- Prevención e diminución do risco de enfermidades coronarias, cancro, osteoporose, entre outras.
- Aceleración do metabolismo basal e perda de peso.
- Redución do estrés e da ansiedade.
- Mellora da autoestima.
Programa do faladoiro:
Durante o faladoiro contaremos coa participación de diferentes membros do Club Deportivo 21 Leguas, quen abordarán diversos temas de interese para corredores e corredoras de todos os niveis:
Correr por montaña: desnivel e tipos de chan – Hugo Piñeiro informaranos sobre as particularidades e desafíos de correr en montaña e aconsellaranos sobre o equipamento esencial para unha experiencia segura e efectiva.
Especialistas deportivos/as – Tamara López ofreceranos unha valiosa información sobre a importancia de contar con especialistas no ámbito deportivo para mellorar o teu rendemento e previr lesións.
Tipos de corredores/as: varios perfís e idades – Manel Lorenzo, a través da súa experiencia persoal, analizará os distintos perfís de corredores/as atendendo ás diferentes idades e niveis de experiencia.
Se estás pensando en iniciarte nesta disciplina ou queres obter máis información sobre ela, non perdas esta oportunidade de informarte e resolver todas as túas dúbidas. O faladoiro está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala. Agardámoste!
Engadir comentario