Feliz Día da Biblioteca 2014
Dende o ano 1997 vense celebrando o Día da Biblioteca cada 24 de outubro. A iniciativa surxiu da “Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil”, que é a encargada de celebrar en España esta data.
Na Biblioteca Pública Municipal de Narón celebramos hoxe esta data coa presentación de dous vídeos realizados no marco do Obradoiro de Audiovisuais que tivo lugar na nosa biblioteca os sábados 11 e 18 de outubro do presente ano.
Os obxectivos desta celebración son, entre outros:
- Homenaxear o papel das bibliotecas na difusión da cultura e na garantía ao libre acceso a información.
- Dar a coñecer a toda a cidadanía a existencia dos diferentes tipos de biblioteca así coma todos os recursos que estas ofrecen.
- Conseguir que os medios de comunicación divulguen a función e cometidos das bibliotecas.
- Fomentar proxectos de colaboración con outras entidades e institucións.
Aquí tedes o resultado do obradoiro con adultos, un divertido vídeo coa técnica Stop-Motion que pon de manifesto a importancia da lectura como nutrinte da imaxinación.
E non perdades o vídeo Lip-Dub que fixeron os peques. Toda unha invitación a empregar os recursos que a biblioteca ofrece. Podedes velo aqui.
Engadir comentario