Feliz día do pai
Agasallos para compartir entre pais e fillos/as
Na biblioteca queremos celebrar con todos os papás e as persoas que exercen de pais esta data tan significativa. Durante o día de hoxe os papás que se acheguen polo mostrador de préstamo levarán de agasallo un papiro que preparamos con moitísimo cariño para que disfrutedes en familia do poema Carta a un fillo, de Rudyard Kipling.
Feliz día a todos os papás e os seus fillos e fillas!
Engadir comentario