Fondo de adultos dispoñible na Axencia de lectura municipal da Gándara

venres, 20 de Xullo de 2018

As obras expurgadas na Axencia de lectura municipal da Gándara serán doadas a particulares e entidades que as soliciten

A Axencia de lectura da Gándara e a Aula de informática, sitas na Casa da Mocidade, permanecerán pechadas durante o mes de agosto debido ás obras de acondicionamento dos locais que ocupan.

A Axencia de lectura está nun proceso de actualización e renovación dos seus fondos. Polo de agora xa se puxo en marcha a tarefa de expurgo dos fondos máis antigos e/ou menos demandados. O fondo expurgado da sección de adultos estará exposto dende o luns 23 ata o martes 31 de xullo en horario de apertura para que todas as persoas particulares ou entidades pasen a retirar o que lles poida resultar de interese. 

 

O horario da axencia de lectura en verán é o seguinte:

  • Luns de 10:30 a 13:30
  • Martes de 18:00 a 21:00
  • Xoves de 18:00 a 21:00

 

Etiquetas: 
Casa da mocidade
Axencia de lectura da Gándara