I Mercado do libro de segunda man
Entre as múltiples actividades programadas para abril, o mes do libro por excelencia, a Biblioteca prepara o “I Mercado do libro de segunda man”, actividade dirixida aos seus usuarios reais e potenciais. Terá lugar entre o 15 e o 19 de abril (ambos incluídos) de 17:00 a 20:00 horas.
Se tes un lote de libros que xa non che fai falta, a biblioteca ofréceche a oportunidade de vendelos ou trocalos, para o que che asignará un posto de venda e troco na planta baixa do edificio. Só haberá dez postos, así que as persoas interesadas deberedes:
- Solicitar a participación na actividade mediante a presentación dunha instancia no Rexistro Xeral do concello a partir do sábado 29 de marzo. Esta irá dirixida ao Servizo Sociocomunitario municipal (os postos outorgaranse por rigorosa orde de entrada).
- Expoñer un mínimo de 25 e un máximo de 100 exemplares cada día.
- Cumprir os horarios establecidos para a actividade.
- Facilitar ao final de cada xornada os datos de vendas e trocos para elaborar a estatística.
Para participar como expositor é necesario estar dado/a de alta como usuario/a da Biblioteca e coas cotas actualizadas o día de apertura do prazo de solicitude. Deberán absterse de participar aquelas persoas relacionadas co sector editorial, distribuidor ou libreiro, así como da actividade económica de mercado de compravenda.
Anímate a participar!
Para máis información diríxete ao mostrador da biblioteca ou chama ao 981 382 173.
Engadir comentario