Mesa de conversa en portugués

xoves, 14 de Xaneiro de 2016

Un proxecto experimental para poñer en marcha mesas de conversa

Se queres aumentar o teu coñecemento de portugués e melloralo dunha maneira activa e distendida, aquí tes a túa oportunidade.

Poñemos en marcha un proxecto experimental de Mesa de conversa en lingua portuguesa.

En que consiste?

Unha usuaria voluntaria, nativa de portugués, ofrécese a conversar en sesións dunha hora (a duración pode ampliarse) con aquelas persoas que teñan coñecementos básicos da lingua, para tratar así de adquirir máis soltura e confianza na expresión oral. As conversas terán lugar primeiro nunha lingua e logo noutra (castelán e portugués).

A temática da conversa establecerase de mutuo acordo entre a voluntaria e os/as participantes segundo os seus intereses particulares.

A participación nestas mesas de conversa é libre e gratuita, pero require de inscrición previa, xa que hai un número limitado de prazas.

A primeira xuntanza terá lugar o xoves 28 de xaneiro de 19:00 a 20:00 horas. As datas e o horario das conversas seguintes serán establecidos nesta primeira xuntanza.

Se desexas participar na primeira xuntanza fainos chegar os teus datos: nome e apelidos, idade, número de teléfono e enderezo electrónico. Podes facelo de maneira presencial, chamando ao 981382173 ou escribindo a biblioteca.central@naron.es (especifica no asunto Mesa de conversa portugués).

 

 

Etiquetas: 
Conversa
Linguas
Portugués
Expresión oral