Narón en negro
Accións da rede bibliotecaria municipal para conmemorar o 25N
A rede de bibliotecas municipais de Narón (Biblioteca central, Axencia de lectura municipal da Gándara e Axencia de lectura municipal da Solaina-Ludoteca) únese aos actos cos que o noso concello conmemora este ano o 25 N: Día contra a violencia de xénero.
Narón participa xunto con máis de cen concellos galegos na campaña En negro contra as violencias.
Os actos cos que as bibliotecas queremos amosar a nosa repulsa contra a violencia machista serán os seguientes:
Na biblioteca central:
Do luns 19 ao sábado 24 de novembro:
Mostra bibliográfica: Educar no feminismo e na igualdade como prevención da violencia machista.
Para todos os públicos, dentro do horario de apertura habitual da biblioteca.
Na axencia de lectura da Gándara:
Luns 19 de novembro ás 19:00 horas:
Faladoiro Prevención da violencia de xénero nas aulas, a cargo de ALMAT (Asociación de loita contra os malos tratos).
Aberto ao público en xeral e especialmente recomendado para o público xuvenil.
Na axencia de lecutura da Solaina – Ludoteca:
Mural temático contra a violencia machista:
Luns 19 de 18:00 a 19:00 para nenos e nenas de 7 a 12 anos.
Martes 20 de 18:00 a 19:00 para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Xogos cooperativos contra a violencia:
- As sete pistas contra a violencia machista.
- As dúas caras.
- Cariñas tristes e alegres.
- O xogo do si e do non.
- O xogo dos segredos.
Mércores 21 de 18:00h a 19:00, grupo A de 3 a 6 anos, grupo B de 7 a 12 anos.
Xoves 22 de 16:00 a 19:00, grupo A de 3 a 6 anos, grupo B de 7 a 12 anos..
Para que todos os nenos e nenas poidan participar realizaranse xogos cooperativos en todos os obradoiros durante a semana. De igual xeito se algún/algunha menor quere traballar no mural tamén poderá deixar a súa aportación fóra do horario sinalado.
Engadir comentario