Novo servizo na biblioteca : Aulas de estudo
Apartir deste mes a biblioteca pon a disposición dos usuarios, de maneira experimental, catro seminarios ou aulas de estudo.
Cada unha destas aulas ten capacidade para dúas persoas e supoñen unha alternativa á sala xeral de lectura, sobre todo nos momentos nos que por coincidiren visitas ou actividades programadas o silencio vese afectado dalgunha maneira.
Para máis información sobre o servizo (horario, normas e condicións de uso,…) preguntade directamente ao persoal da biblioteca.
Engadir comentario