Os máis prestados Xaneiro-Marzo 2014
Xeralmente as listas dos libros máis prestados na nosa biblioteca están copadas coas últimas novidades en narrativa.
Esta é a lista dos libros máis solicitados polos nosos usuarios/as no primeiro trimestre do ano:
- La jungla de los listos, de Miguel Ángel Revilla.
- El despertar de la señorita Prim, de Natalia Sanmartín Fenollera.
- Cincuenta sombras de Grey 3, de E.L. James.
- La reina descalza, de Ildefonso Falcones.
- El juego de Ripper, de Isabel Allende.
- El cielo ha vuelto, de Clara Sánchez.
- El buen hijo, de Ángeles González-Sinde.
- Dispara, yo ya estoy muerto, de Julia Navarro.
- Los juegos del hambre, de Suzanne Collins.
- Nadie es más que nadie, de Miguel Ángel Revilla.
Miguel Ángel Revilla, expresidente da Comunidade Autónoma de Cantabria rompe esta tendencia xeral e non só encabeza a lista deste trimestre con La jungla de los listos, senón que ten ademáis outro título na lista dos máis prestados, Nadie es más que nadie. A corrución política no primeiro caso e as súas experiencias persoais no segundo, ambas relatadas co seu particular sentido do humor, espertan o interese entre os nosos lectores/as.
O segundo posto da lista é para El despertar de la señorita Prim, primeira novela da xornalista galega Natalia Sanmartín Fenollera. Sube postos dende o oitavo do trimestre anterior ata o segundo nestre trimestre.
A triloxía de novelas eróticas Cincuenta sombras de Grey, de E.L. James non sae da lista dende o seu lanzamento, no verán de 2011. É innegable que esta saga puxo de moda a novela erótica, xénero no que moitos autores e autoras están a traballar dende entón aproveitando o tirón.
La reina descalza, de Ildefonso Falcones é outro dos títulos que non saen da lista dende a chegada dos exemplares á biblioteca. Neste caso, figura entre os máis prestados dende abril de 2013; leva xa un ano no “top ten”. O mesmo ocurriu no seu momento cos outros dous libros do autor La mano de Fátima e La catedral del mar, que moveron unha grande cantidade de fans dende a súa publicación.
Outra autora da que cada novo libro é un éxito asegurado é Isabel Allende. A súa nova novela detectivesca El juego de Ripper ocupa a quinta posición da lista deste trimestre.
Os dous seguintes postos son para El cielo ha vuelto, de Clara Sánchez e El buen hijo, de Ángeles Gónzalez-Sinde, novelas gañadora e a finalista respectivamente do Premio Planeta 2013.
A novela que ocupaba o primeiro posto no último trimestre de 2013 baixa ata o oitavo. Trátase de Dispara, yo ya estoy muerto, unha novela con grandes doses de aventura e misterio de Julia Navarro, autora doutros grandes éxitos literarios que tamén ocuparon no seu día os primeiros postos nas listas dos libros máis prestados na nosa biblioteca. Cada novo libro de Navarro é esperado con moita expectación polos seus lectores/as fieis.
A serie Los juegos del hambre supón a única presencia de novela xuvenil neste listado. A pesares de ter xa uns anos (a primeira parte da triloxía publicouse en 2008), segue mantendo a actualizade grazas á súa adaptación cinematográfica, que obtivo numerosos premios.
Engadir comentario