Presentación de "El secreto de Andrea"

martes, 10 de Outubro de 2023

A naronesa María Isabel Ramos Breijo presenta o seu segundo libro na biblioteca.

Un ano despois de presentar ao público Hasta el infinito y más allá, primeira obra de María Isabel Ramos Breijo, a escritora naronesa escolle novamente a nosa biblioteca para dar a coñecer a súa segunda obra literaria: El secreto de Andrea.

Nesta ocasión Ramos Breijo preséntanos unha historia de intriga protagonizada por Paula, unha organizadora de eventos que deixa o seu traballo para coidar da súa avoa na aldea. A este lugar regresa tamén Andrea, unha veciña desaparecida hai vinte anos que trae consigo segredos, misterios e vellas enemizades. Axiña Paula ha descubrir que a aldea non era o lugar tranquilo que ela cría.

Para este acto de presentación a escritora estará acompañada do xornalista Xosé Gómez Fandiño.

O libro, recén saído do prelo, publicouse este mesmo mes pola editorial Círculo Rojo. As persoas que o desexen poderán adquirir un exemplar tras a presentación.

Este acto, que se vai desenvolver o mércores 18 de outubro ás 18:30 horas, está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala.

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores/as
Biblioespazo 2023