Presentación do libro "El hogar de Enma"

xoves, 27 de Xullo de 2023

Alba Santiago Díaz presenta o seu libro na biblioteca

O luns 31 de xullo ás 19:30 a sala multiusos da planta soto acollerá a presentación de El hogar de Enma, un libro infantil co que a escritora Alba Santiago Díaz quere visibilizar e normalizar a diversidade sexual.

Alba Santiago (Palma de Mallorca, 1995) decidiu escribir este conto preocupada polo repunte de casos de violencia homófoba que se ven dando nos últimos anos. Coa historia de Enma e Sofía pretende que os nenos e nenas vexan o amor coma un sentimento tan forte que é quen de superar todos os medos.

O conto está orientado a nenos e nenas a partir de 8 anos.

O acto de presentación do libro está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autores/as
Biblioespazo 2023