Retomamos as nosas actividades permanentes
Damos comezo á nova tempada de actividades para adultos/as.
Ademáis de incorporar a novidade 2020 (Club de lectura feminista), neste mes de outubro retomamos as tres actividades permanentes que a biblioteca ofrece ao público adulto:
Club de lectura:
Seguirémonos reunindo un martes ao mes para comentar lecturas comúns.
O luns 28 de setembro ás 09:30 horas abrimos o prazo de inscrición nesta actividade, na que ofertamos 12 prazas que se outorgarán por orde de inscrición. A inscrición pode facerse de maneira presencial ou telefónica chamando ao 981382173 en horario de apertura.
A partir do mesmo día no que se abre o prazo de inscrición as persoas que acaden praza poden levar a primeira das lecturas, que se comentará na xuntanza de outubro (martes 20 de outubro de 19:00 a 20:30 h).
Clases de español para persoas estranxeiras:
Dende marzo de 2019 a Biblioteca imparte, dentro do seu Programa Biblioespazo, clases de español para persoas estranxeiras.
As clases impártense na sala multiusos da segunda planta da biblioteca, todos os xoves de 19:30 a 21:00 horas.
As persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse a partir do luns 28 de setembro ás 09:30 horas. Haberá un total de 10 prazas dispoñibles que se outorgarán por rigurosa orde de inscrición. O resto das persoas inscritas quedarán en lista de espera. A inscrición pode facerse de maneira presencial ou telefónica chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Para favorecer a participación das persoas máis desfavorecidas non se esixirán datos sobre a súa situación legal.
Mesas de conversa en inglés:
Actividade que prestamos dende outubro de 2017 e que ten como finalidade mellorar o nivel de expresión oral en inglés.
Todos os luns en dúas sesións:
- 17:15 a 18:15
- 18:15 a 19:15
A participación é libre e de balde. Non son cursos, senón sesións soltas para as que cada persoa ten que reservar a súa praza cada vez que queira participar. Abrimos a lista de inscrición para cada luns o mércores anterior ás 9:30 horas. As persoas interesadas poden inscribirse de maneira presencial ou telefónica en horario de apertura da biblioteca.
O mércores 30 de setembro abrimos o prazo de inscrición para as primeiras sesións deste trimestre (as do luns 5 de outubro).
Medidas de seguridade:
As persoas participantes nestas actividades deben desinfectar as mans con solución hidroalcólica e permanecer todo o tempo coa máscara posta.
A biblioteca disporá o espazo de cada sala para que sempre exista distancia de seguridade de metro e medio entre persoas e organizará de maneira segura a entrada e saída dos/as participantes.
Engadir comentario