Trocolibro
Un espazo para o intercambio
Como unha das actividades coas que durante todo o mes estamos a conmemorar o Día internacional do libro, poñemos á vosa disposición un espazo para o intercambio.
De seguro que tes obras interesantes e actuais das que xa disfrutaches e queres trocalas por outras que aínda non liches. Esta é a túa oportunidade!
Entre o luns 9 e o sábado 14 de abril ocuparemos unha mesa da planta baixa da sala de adultos/as con libros para trocar. Todas as persoas que o desexen pderán levar un dos libros da mesa, independentemente de se deixan outro a cambio ou non. O máximo de libros, tanto para donar como para levar, será de un por persoa.
A mesa de intercambio estará operativa durante todo o horario de apertura da sala de adultos/as:
- Luns a venres: de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00
- Sábado: de 10:00 a 13:00
Engadir comentario