Trocolibro
Outra das actividades coas que conmemoramos o Día internacional das bibliotecas.
Dende hai case unha década a biblioteca organiza a actividade de intercambio de libros Trocolibro dúas veces ao ano: en abril, no marco das celebracións do Día internacional do libro, e en outubro, para conmemorar o Día internacional das bibliotecas.
Dende abril de 2020 non puidemos ofrecer esta actividade por mor das medidas anticovid que tivemos que implantar, pero retomámola agora adaptándoa ás novas circunstancias.
Entre o luns 18 e o venres 22 de outubro ocuparemos unha mesa da planta baixa con libros que poderedes levar de balde. Estes libros proceden maioritariamente das doazóns que as persoas usuarias da biblioteca e outras institucións fixeron nos últimos anos e que non se incorporaron ao noso fondo.
O máximo de libros para levar será de un por persoa e día. A novidade con respecto ás edicións anteriores é que non recolleremos as vosas achegas a cambio.
Engadir comentario