Tutorial sobre a plataforma GaliciaLe

xoves, 20 de Novembro de 2014

Como vos comentabamos o mes pasado, os usuarios/as das bibliotecas públicas de Galicia tedes un novo servizo á vosa disposición: O PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS.

A plataforma “GaliciaLe” vai permitir xestionar estes préstamos a todas as persoas que teñan un carné de usuario/a dalgunha das bibliotecas públicas galegas, rede da que forma parte a Biblioteca Pública Municipal de Narón.

A través deste pequeno tutorial podedes familiarizarvos coa plataforma e ter as nocións básicas para poder empezar a empregar este servizo.

Para os usuarios/as da Biblioteca Pública Municipal de Narón:

  • Na plataforma teñen os datos das persoas que vos destes de alta ata o 13 de outubro de 2014 (incluído). Se o teu carné ten data de 14 de outubro de 2014 ou posterior e non eras xa usuario/a doutra biblioteca pública, debes acudir ao mostrador de préstamo para que che tramitemos a alta na plataforma dende aquí.

  • Cando cubras cos teus datos o formulario de alta, lembra poñer os teus apelidos con todas as letras en maiúsculas (no campo do nome, só a inicial en maiúsculas).

 

Etiquetas: 
Ebooks
GaliciaLe
Libros electrónicos
Préstamos