Usuarios/as de honra 2015
Os nosos Usuarios/as de honra 2015 xunto coas súas familias, o alcalde José Manuel Blanco Suárez e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas María del Carmen Espada Cortizas
O luns 11 de xaneiro conmemorouse en todo o mundo o Día do usuario das bibliotecas. Esta data abre o Calendario do Libro e da Lectura 2015, que coma todos os anos, ven cargado de propostas para celebrar moitos acontecementos relacionados co libro, as bibliotecas, a lectura e a cultura en xeral.
Na biblioteca de Narón quixemos celebrar esta día nomeando, por segundo ano consecutivo, aos nosos usuarios/as de honra, que este ano 2015 son:
Infantil (ata 14 anos):
- Carlota Felgar Moro
- Claudia Felgar Moro
- Aroa García Puentes
- Agustín González Rodeiro
- Gael del Río Gómez
Adultos/as (a partir de 14 anos):
- Mónica Aneiros García
- Iria Couce Ameneiro
- Julia Núñez Paredes
- Antonio Rivero Iglesias
- Alma Veiga Blanco
Co nomeamento como usuarios/as de honra a estas dez persoas queremos recoñecer a súa participación activa durante 2014 na vida da nosa biblioteca. Son usuarios/as que durante o ano anterior fixeron uso de maneira habitual dos nosos servizos : levaron libros en préstamo, participaron nas actividades, utilizaron a sala de lectura e a sala de informática…
O pasado sábado 17 tivemos o pracer de contar coa presenza do alcalde, José Manuel Blanco Suárez e da Concelleira de Ensino e Bibliotecas, María del Carmen Espada Cortizas, para facerlles entrega a estas dez persoas do diploma que os acredita como Usuarios/as de honra 2015.
Na imaxe: Podes ver máis fotografías premendo aquí.
Engadir comentario