Xornada de portas abertas no Día Internacional do libro
Para celebrar o Día internacional do libro e o 11º aniversario da inauguración do actual edificio da biblioteca, celebramos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Cando?
O mércores 23 de abril de 2014.
A que hora?
Pola mañá para o público adulto, de 11:00 a 12:00.
Pola tarde para o público familiar, de 18:00 a 19:00.
No caso de cubrirse todas as prazas e haber máis demanda realizaremos máis visitas nas horas seguintes.
Que faremos?
A actividade consistirá nunha visita guiada por todo o edificio que alberga a biblioteca, de maneira que podades coñecer os espazos aos que xeralmente non tedes acceso. En cada espazo en concreto explicaremos as tarefas bibliotecarias que se realizan e que non vedes directamente: selección de fondos, catalogación, preparación física dos documentos, encadernación, arquivo…
Ademáis, nos espazos en libre acceso aproveitaremos para darvos as nocións básicas de organización do fondo e das normas xerais de uso. Repasaremos tamén todos os servizos que a biblioteca ofrece, para aqueles usuarios/as que descoñezades algún deles.
Percorrido:
Na planta baixa visitaremos:
- Os dous espazos de traballo interno, un dos cales alberga o fondo audiovisual.
- O arquivo onde se gardan os materiais e as máquinas plastificadora e encadernadora.
Na primeira planta poderemos ver:
- O depósito de libros que non están en libre acceso pero que teñen a mesma política de préstamo e uso que os que si están.
- O arquivo onde se gardan as publicacións periódicas e os fondos de acceso restrinxido.
E xa na segunda planta veremos:
- A sala multiusos onde se celebran actividades tan diversas coma presentación de libros, audicións, proxeccións, cursos e obradoiros, charlas…
- Os seminarios de estudio, espazos pensados para a investigación pero que se ofrecen ao público en xeral coma alternativa cando a celebración de actividades interfire co estudio na sala de lectura.
Como podo participar?
Será necesaria unha inscrición previa nalgunha das dúas quendas, que terán un límite de 15 persoas. As plazas otorgaranse por orde de inscrición.
MÁIS INFORMACIÓN:
981 382 173
Engadir comentario