Xornada de portas abertas (Visitas guiadas).

Visitas guiadas para celebrar o Día internacional das bibliotecas
Co gallo do Día internacional das bibliotecas, abrimos as portas da biblioteca para convidarvos a coñecer un pouco mellor todo o que se agocha tras elas.
Como está organizada a biblioteca? Que servizos ofrecemos? Que podedes atopar en cada unha das nosas seccións? E que acontece neses espazos aos que habitualmente non tedes acceso? Se queredes descubrir a resposta a estas e outras preguntas, animádevos a participar nas nosas visitas guiadas.
Este ano propoñemos dúas visitas:
- Xoves 22 de outubro, de 18:00 a 19:00 horas, aberta ao público en xeral.
- Venres 23 de outubro, de 11:00 a 12:00 horas, dirixida ao público adulto.
Durante o percorrido poderedes coñecer máis de preto as instalacións, descubrir como se distribúen as diferentes seccións e resolver as dúbidas que teñades sobre o funcionamento e os servizos da biblioteca.
E tamén teremos ocasión de visitar a Axencia de lectura da Gándara. A visita será o venres 23 de outubro, de 17:30 a 18:30 horas, e permitirá coñecer este espazo, a súa colección e os servizos que ofrece de maneira específica.
Para participar en calquera das visitas é necesario reservar praza a partir do venres 16 de outubro ás 9:30 horas. A reserva poderá realizarse presencialmente ou no teléfono 981 382 173, en horario de apertura da biblioteca.
Esta é unha boa ocasión para mirar a biblioteca con outros ollos e descubrir todo o que pode ofrecerche. Agardámosvos!







Engadir comentario