Presentación de Gomets e Gomets II

xoves, 2 de Febreiro de 2023

María Isabel Cagiao Branco presenta as súas dúas primeiras novelas

A escritora novel naronesa María Isabel Cagiao Branco presentará o mércores 8 de febreiro na biblioteca as súas dúas primeiras novelas, Gomets e Gomets II, la casa de encuentros.

Estas dúas obras foron publicadas pola editorial Diversidad Literaria en 2021 e 2022 e forman parte do que nun futuro próximo será unha triloxía. En palabras da propia autora, as novelas están a ter unha boa acollida entre o público lector, que adoita identificarse con algún dos personaxes, co entorno e coa temática que abordan as obras.

Para este evento, que terá lugar ás 18:30 horas na sala multiusos da planta soto, a autora estará acompañada da tamén escritora naronesa María Isabel Ramos Breijo, que presentará o acto.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Encontros con autoras
Biblioespazo 2023