Presentación do libro "Sin prueba aparente"
Este xoves 23 de maio ás 18:30
O escritor Juan José Lada Vilariño presenta a súa nova obra, Sin prueba aparente, este xoves 23 de maio ás 18:30 na sala multiúsos da planta soto.
Juan José Lada, nado en Bélxica de pai asturiano e nai galega, publicou anteriormente as obras El Tesoro de Artabria (2020), Las Minas de Santa Comba (2021) e El Oro de Himmler (2022), todas elas presentadas na nosa biblioteca.
O libro que agora nos presenta, Sin prueba aparente (2024), é unha apaixoante novela na que Tomás, un Garda civil retirado, repasa os tres casos que marcaron a súa carreira:
- Os Substitutos: Unha serie de asasinatos en diferentes escenarios de Galicia que desafían á investigación.
- Quen rouba a un ladrón: O roubo a Amadeo Ortegal, un poderoso empresario textil con conexión no mundo do narcotráfico.
- Morte no embarcadoiro: Unha gala de graduación que remata en traxedia co asasinato dun alumno.
Para este acto de presentación o autor estará acompañado da tamén escritora María Isabel Ramos Breijo, quen nos ofrecerá a súa perspectiva e comentarios sobre a obra.
O acto está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala. Tras a súa finalización todas as persoas que así o desexen poderán adquirir un exemplar.
Engadir comentario