Libros para o Nadal

Data: 
luns, 16 de Decembro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

A biblioteca ofrece un obradoiro de empaquetado de libros para agasallo

O Concello iniciou o pasado luns 9 de decembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias vulnerables. A recollida dos xoguetes está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.

Máis información: Campaña de recollida de xoguetes.

Dende o noso servizo colaboramos con esta campaña establecendo a biblioteca coma un dos puntos de entrega dos xoguetes e aportando libros que os nenos e nenas atoparán na súa árbore de Nadal.

Para que estes contos cheguen aos fogares ben fermosos organizamos un obradoiro de empaquetado creativo para que as persoas maiores de 16 anos que así o desexen poidan participar envolvésndoos para agasallo. A cita será o luns 16 de decembro entre as 16:30 e as 19:00 horas e o martes 17 de decembro entre as 10:30 e as 13:00, intervalo horario no que a chegada e a saída é libre. Para participar non é necesaria inscrición previa.

Animádevos a participar e encher de cor a noite de Reis!