Exposición fin de curso de traballos artesanais

martes, 20 de Maio de 2025

Obras de patchwork e de bolillos expostas na biblioteca

Do 2 ao 6 de xuño, a biblioteca acollerá unha exposición moi especial co traballo artesanal das alumnas da tenda Tirahilos, que ofrece clases de patchwork e bolillos.

A mostra recolle as creacións de máis de 50 alumnas, con pezas elaboradas ao longo do curso que amosan a creatividade, a dedicación e a beleza destas técnicas. Poderanse ver:

  • De patchwork: cubrepés, colchas, manteis, fundas para libros, bolsos, cadros, delantais…
  • De bolillos: chales, toallas, sabas e outros delicados labores de encaixe.

O horario para visitar a mostra será de 16:00 a 20:00 horas. Durante todo o tempo de apertura sempre haberá algunha das alumnas presente para explicar os procesos e técnicas ás persoas visitantes e, mesmo verémolas traballar en directo, confeccionando novas pezas diante do público.

Ao rematar esta exposición sortearase entre todas as persoas visitantes unha peza confeccionada polas alumnas ao longo da semana.

Non perdas esta oportunidade para achegarte a estas artes e descubrir o talento local. Agardámoste!

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Arte
Artesanía