A grandeza do pequeno
Unha divertida actividade infantil sobre o valor de soñar e decidir.

O vindeiro sábado 19 de setembro, acolleremos na Biblioteca de Narón o espectáculo A grandeza do pequeno, unha actividade infantil da man de Iseo a Moura, unha artista que nos convida a mirar o mundo dende outra perspectiva.
Facerse pequeno mola. Se non, ollade para os dinosauros, moita ansia por medrar e mirade como lles foi…. Con esta divertida reflexión arranca un espectáculo que nos lembra que, ás veces, medrar non é o máis importante.
Vivimos nun mundo que parece empuxarnos constantemente a ser máis grandes, máis rápidos/as e máis fortes. Mais, e se a verdadeira grandeza estivese noutro lugar? A través de historias, humor e imaxinación, os nenos e nenas participantes descubrirán que o que realmente nos fai grandes non é o tamaño, senón a capacidade de soñar, de decidir e de ver o extraordinario nas cousas máis pequenas.
Para participar nesta proposta:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos feitos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 15 de setembro ás 16:00 horas. Podedes facelo de maneira presencial ou chamando ao 981382173 durante o horario de apertura.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.







Engadir comentario