Usuarios/as de honra 2015

luns, 19 de Xaneiro de 2015

Os nosos Usuarios/as de honra 2015 xunto coas súas familias, o alcalde José Manuel Blanco Suárez e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas María del Carmen Espada Cortizas

O luns 11 de xaneiro conmemorouse en todo o mundo o Día do usuario das bibliotecas. Esta data abre o Calendario do Libro e da Lectura 2015, que coma todos os anos, ven cargado de propostas para celebrar moitos acontecementos relacionados co libro, as bibliotecas, a lectura e a cultura en xeral.

Na biblioteca de Narón quixemos celebrar esta día nomeando, por segundo ano consecutivo, aos nosos usuarios/as de honra, que este ano 2015 son:


Infantil (ata 14 anos):

  • Carlota Felgar Moro
  • Claudia Felgar Moro
  • Aroa García Puentes
  • Agustín González Rodeiro
  • Gael del Río Gómez

Adultos/as (a partir de 14 anos):

  • Mónica Aneiros García
  • Iria Couce Ameneiro
  • Julia Núñez Paredes
  • Antonio Rivero Iglesias
  • Alma Veiga Blanco

Co nomeamento como usuarios/as de honra a estas dez persoas queremos recoñecer a súa participación activa durante 2014 na vida da nosa biblioteca. Son usuarios/as  que durante o ano anterior fixeron uso de maneira habitual dos nosos servizos : levaron  libros en préstamo, participaron nas actividades, utilizaron a sala de lectura e a sala de informática…

O pasado sábado 17 tivemos o pracer de contar coa presenza do alcalde, José Manuel Blanco Suárez e da Concelleira de Ensino e Bibliotecas, María del Carmen Espada Cortizas, para facerlles entrega a estas dez persoas do diploma que os acredita como Usuarios/as de honra 2015.

Na imaxe: Podes ver máis fotografías premendo aquí.

Etiquetas: 
2015
Biblioteca de Narón
Usuarios/as de honra