Xornada de portas abertas
Visitas guiadas para coñecer todas as tarefas e servizos bibliotecarios
Como moitos e moitas saberedes, o 24 de outubro conmemórase o Día mundial das bibliotecas, un evento que se celebra dende o ano 1997 a proposta da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
Entre os diferentes actos cos que nós queremos conmemorar este ano esta data, atópase a Xornada de portas abertas na nosa biblioteca, unha actividade coa que queremos dar a coñecer a toda a cidadanía non só os servizos aos que poden acceder, senón tamén todas aquelas tarefas de traballo interno necesarias para poder prestalos.
Data:
Luns 24 de outubro de 2016
Horario:
Pola mañá para o público adulto:
11:00-12:00
Pola tarde para o público familiar:
18:00-19:00
Descrición:
A actividade consistirá nunha visita guiada por todo o edificio que alberga a biblioteca, de maneira que os usuarios/as podades coñecer os espazos aos que xeralmente non tedes acceso. En cada espazo en concreto explicaremos as tarefas bibliotecarias que se realizan e que o público non ve directamente: selección de fondos, catalogación, preparación física dos documentos, encadernación, arquivo…
Ademáis, nos espazos en libre acceso aproveitaremos para dar as nocións básicas de organización do fondo e das normas xerais de uso. Repasaremos tamén todos os servizos que a biblioteca ofrece, para aqueles usuarios/as que descoñezan algún deles.
Percorrido:
Na planta baixa visitaremos:
- os dous espazos de traballo interno, un dos cales alberga o fondo audiovisual.
- o arquivo onde se gardan os materiais e as máquinas plastificadora e encadernadora.
Na primeira planta poderemos ver:
- o depósito de libros que non están en libre acceso pero que teñen a mesma política de préstamo e uso que os que si están.
- o arquivo onde se gardan as publicacións periódicas e os fondos de acceso restrinxido.
E xa na segunda planta veremos:
- a sala multiusos onde se celebran actividades tan diversas coma presentación de libros, audicións, proxeccións, cursos e obradoiros, charlas…
- os seminarios de estudio, espazos pensados para a investigación pero que se ofrecen ao público en xeral coma alternativa cando a celebración de actividades interfire co estudio na sala de lectura.
Público ao que vai dirixida:
A actividade está destinada a todos os públicos. Ao coincidir en día lectivo, a xornada de mañá será cuberta máis ben con público adulto e a da tarde con persoas de todas as idades.
Consideramos que hai moitas persoas usuarias habituais da biblioteca que descoñecen as tarefas que se realizan antes e despois da prestación dos servizos que elas reciben e esta é unha oportunidade de amosarllas.
Inscrición:
Será necesaria unha inscrición previa nalgunha das quendas, que terán un límite de 15 persoas. As plazas otorgaranse por orde de inscrición.