Contos revoltos
Celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil
Dende 1967 o IBBY (Organización internacional para o libro xuvenil) promove a celebración do Día internacional do libro infantil e xuvenil, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril. O obxectivo desta conmemoración é promocionar a boa literatura orientada ao público infantil e adolescente e a lectura entre os máis novos/as.
Na biblioteca celebramos esta data con Contos revoltos, un espectáculo que a súa autora, Fátima Fernández, describe así:
"Había una vez una contadora de historias moi ordenada, levaba todos os seus contos colocadiños dentro das súas maletas; pero un día, un remuíño curioso quixo ver os seus contos, meteuse nas maletas e cando saiu delas, os contos estaban todos revoltos, os de amor cos de medo,os pequenos cos grandes..."
A actividade está orientada para nenos e nenas entre 3 e 12 anos e terá lugar o sábado 1 de abril ás 11:00 da mañá. Se queres que o teu fillo ou filla participe:
- Reserva a súa praza a partir do martes 28 ás 9:30 horas. Podes facelo no mostrador da sala de adultos ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
- Lembra que todos os nenos/as que participan nas actividades teñen que ter o carné da biblioteca.
Engadir comentario