Conciliaescola verán 2017

luns, 8 de Maio de 2017

Obradoiro para nenos e nenas entre 4 e 12 anos no período de vacacións escolares.

Prazo de solicitude:  do 9 ao 16 de maio, de 8:30 a 13:30, mediante solicitude presentada no Rexistro xeral do Concello.

Que é Conciliaescola?

Conciliaescola é un obradoiro no período de vacacións escolares que busca fomentar a conciliación da vida laboral e familiar.

Presentación de solicitudes:

Do 9 ao 16 de maio, de 8:30 a 13:30 horas, mediante solicitude presentada no Rexistro xeral do Concello.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

As solicitudes que non estean completamente cumprimentadas e/ou non acompañen toda a documentación non serán valoradas.

Persoas Beneficiarias:

Poderán participar en Conciliaescola, nenos e nenas entre 4 e 12 anos, empadroados/as no Concello de Narón cando traballen os dous membros parentais: pai, nai, custodio/a, ou titor/a, etc. salvo as familias monoparentais.

A adxudicación efectuarse por rigorosa orde de inscrición.

Para ser admitido/a será necesario non padecer enfermidade infecto contaxiosa en fase activa nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.

O incumprimento destos requisitos dará lugar á inadmisión da solicitude.

A renuncia á praza que teña axudicada deberá realizarse por escrito no Rexistro Xeral do Concello de Narón.

Quendas:
  • 1ª Do 26 ao 30 de xuño.
  • 2ª Do 3 ao 7 de xullo.
  • 3ª Do 10 ao 14 de xullo.
  • 4ª Do 17 ao 21 de xullo.
  • 5ª Do 24 ao 31 de xullo

(Excluídos festivos)

Só se concederá unha quenda por participante, salvo que existan prazas vacantes noutras quendas, e se cubrirán coa mesma prioridade de orde de inscrición.

Horario:

Horario 1: de 7:30 a 14h (transporte só de volta)

Horario 2: de 9 a 14h (transporte de ida e volta)

Horario autobús IDA: concretarase antes do inicio da actividade en función das paradas solicitadas.

Horario autobús VOLTA: saída ás 14:00 h.

Paradas do autobús: O autobús recollerá e deixará ós/ás nenos/as, nos seguintes lugares:

  • A Gándara: Casa da mocidade
  • Alto: casa do Concello
  • San Mateo: Centro cívico social
  • A Solaina: Polideportivo Campo da Serra
  • O Val: Cooperativa
  • Piñeiros: Centro cívico social
  • San Xiao; Pazo Libunca
  • Xuvia: Praza do Colexio
  • Castro: O Paraxe
  • Pedroso: Igrexa
  • Sedes: Centro Cívico
  • Doso: Igrexa

O Concello poderá suspender o servizo de transporte cando non exista unha demanda para a súa utilización mínima de 10 participantes. Tal circunstancia será comunicada oportunamente ás familias con antelación suficiente.

Información sobre o uso da imaxe:

Co fin de lograr a difusión efectiva desta actividade para vindeiras convocatorias e co obxectivo de garantir a transparencia, a eficacia e a eficiencia na organización e xestión pública (artigo 2.b da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración Pública Galega), de proporcionar e difundir información constante, veraz, obxectiva e clara sobre a actuación do sector público (2.c), recolleranse experiencias e mesmo fotografías das instalacións e das persoas participantes que poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e mesmo divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como en páxinas web do Concello de Narón.

Para estes efectos, a presentación da solicitude de participación implica a autorización para a publicación destas imaxes.

Prezos:

Os prezos de aplicación para cada quenda desta actividade aparecen detallados na ordenanza fiscal nº 15 (8,15€ participante/quenda).

MÁIS INFORMACIÓN: 981 33 77 00 · Fax: 981 33 77 01 · CIF: P 1505500 G · Sede Electrónica: www.naron.es

ORGANIZA: Concellería de igualdade e promoción social

 

Etiquetas: 
Obradoiros
Verán
Conciliaescola