Club de lectura da Biblioteca Provincial da Coruña
Un novo club de lectura en liña para os usuarios e usuarias das bibliotecas públicas da provincia da Coruña
A Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña pon a disposición dos usuarios das bibliotecas da provincia un Club de lectura en liña. A partir do vindeiro martes 12 de febreiro poderedes formar parte do EbibliodaCoruna Club Lector.
Que é?
EbibiodaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas en galego e castelán tendo en conta a actualidade, intereses e gustos das persoas participantes.
É un club de lectura virtual aberto as 24 horas no que pode participar calquera persoa usuaria do servizo de préstamo dixital EbiblioDaCoruna.
Como funciona?
O club de lectura divídese en dúas salas:
- Arredor dos libros, dedicada a escritores e escritoras galegos/as.
- Compartiendo lecturas, na que se percorren libros actuais de temática variada en castelán.
Os clubs están moderados por unha persoa cualificada con moitos anos de experiencia moderando clubs de lectura e impartindo clases de español e galego. Os clubs de lectura teñen ademáis o soporte do persoal técnico da Biblioteca da Deputación.
A programación das lecturas no club para os vindeiros meses é a seguinte:
Arredor dos libros:
- Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, de Manuel Rivas. Comeza o 12 de febreiro.
- A memoria da choiva, de Pedro Feijoo. Comeza o 16 de abril.
- Insolación, de Emilia Pardo Bazán. Comeza o 11 de xuño.
Compartiendo lecturas:
- Los pacientes del doctor García, de Almudena Grandes. Comeza 28 de febreiro.
- Poesía reunida, de Ida Vitale. Comeza 4 de abril.
- La uruguaya, de Pedro Mairal. Comeza 28 de maio.
Quen pode participar?
Calquera persoa usuaria da EbiblioDaCoruna (o servizo de préstamo dixital da Biblioteca da Deputación).
Para acceder só é preciso cumprir os seguintes requerimentos:
- Estar de alta na plataforma de préstamo dixital EbibliodaCoruna. Date de alta aquí de balde: http://deputaciondacoruna.tubiblioweb.com/alta-no-prestamo-electronico/
- Ter un dispositivo para ler con acceso á Internet: móbil, ordenador, tableta...
- Para acceder ao club lector premer nesta ligazón: https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
- E identificarse no apartado Iniciar sesión coas claves da EbibliodaCoruna.
Como unirse a un club e participar?
Unha vez que a persoa interesada se identifica no apartado Iniciar sesión, xa pode comezar a seguir calquera dos dous clubs, premendo en Seguir.
Na pestana Información aparece a programación do club para os vindeiros meses e unhas breves indicacións de uso.
Na pestana Lecturas pódese tomar en préstamo o libro, que estará dispoñible a partir do mesmo día en que comeza o club.
Nas pestanas Foro, Chat e Citas pódese contestar ás conversas que abre a persoa moderadora, chatear co resto de participantes no club e compartir e comentar as nosas frases favoritas do libro.
Onde atopar información?
Toda a información necesaria para participar no club pode atoparse:
- Na páxina web da Biblioteca da Deputacion provincial da Coruña: www.dacoruna.gal/biblioteca no apartado EbiblioDaCoruna Club Lector.
- Por correo electrónico ao enderezo biblioteca.info@dacoruna.gal
- Por teléfono no número 981 080 176
- De maneira presencial: na sala de Préstamo e Información no primeiro andar da Biblioteca en Riego de Agua 37, A Coruña.
Engadir comentario