Abril, mes do libro
Consulta toda a programación coa que a rede bibliotecaria municipal celebra o Día internacional do libro
BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL
Sábado 6 de abril ás 11:00 h:
E ti que representas?, obradoiro infantil sobre as emocións.
Para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Inscricións a partir do martes 2 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.Maís información premendo aquí.
Do luns 8 ao sábado 13 de abril durante todo o horario de apertura:
Trocolibro.
Haberá unha mesa disposta para o intercambio de libros na planta baixa.
Todas as persoas que o desexen poderán levar un dos libros da mesa, independentemente de se deixan outro a cambio ou non. O máximo de libros, tanto para donar como para levar, será de un por persoa.
Do luns 22 ao venres 26 de abril, de 17:00 a 20:00 horas:
VII Feira-mostra do libro usado e de segunda man.
A biblioteca ofrecerá na planta baixa da sala de adultos/as dez postos de venta e intercambio de libros para dez persoas usuarias da biblioteca. Os postos outorgaranse por orde de entrada da solicitude no Rexistro xeral do concello.
Inscricións a partir do luns 1 de abril mediante solicitude presentada no Rexistro xeral do concello. Máis información premendo aquí.
Mércores 24 de abril ás 18:30 h.
Obradoiro de mochilas e bolsas para lectores/as.
Para persoas a partir de 16 anos. Obradoiro no que decoraremos mediante diferentes técnicas artísticas bolsas e mochilas que han de servir para levar e traer os libros que tomamos en préstamo na biblioteca.
Inscricións a partir do luns 15 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Sábado 27 de abril ás 11:00 h.
Autores/as con pegada, obradoiro creativo para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Os nenos e nenas celebrarán o Día internacional do libro converténdose en autores e autoras dos seus propios álbumes ilustrados. Empregarán a dactilografía para decorar os libros que logo quedarán expostos na sala infantil durante unha semana.
Inscricións a partir do martes 22 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
AXENCIA DE LECTURA MUNICIPAL DA GÁNDARA
Luns 8 a mércores 17 de abril de 17:00 a 19:00 horas.
Exposición bibliográfica: A ciencia en feminino.
Durante estas datas e no horario de apertura habitual haberá unha mostra de contos e biografías de mulleres científicas para complementar e reforzar a actividade do mércores 10 de abril.
Mércores 10 de abril ás 18:00 horas.
Descubrindo a Ángela Ruiz Robles: obradoiro “enciclopedia mecánica”.
Arantxa Serantes, autora do libro O valor das ideas: a precursora do libro electrónico, pequena biografía de Ángela Ruiz Robles, ven para ofrecer aos nenos e nenas entre 6 e 12 anos un obradoiro no que se vai recrear o invento de Ángela Ruiz Robles, a enciclopedia mecánica que se considera precursora do libro electrónico.
Inscricións a partir do xoves 4 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Máis información aquí.
Do luns 22 ao venres 26 de abril:
O meu libro favorito
Haberá un photocall instalado na entrada da Casa da mocidade con diferentes elementos para que os usuarios e usuarias poidan sacar unha fotografía co seu libro favorito.
Agasallarase cun lote de libros á fotografía con máis “gústame” de todas as subidas a Instagram entre o luns 22 e o domingo 28 de abril nomeando a conta da biblioteca @bibliotecadenaron e coa etiqueta #OMeuLibroFavoritoBPN. As fotografías poden estar feitas neste espazo habilitado ou en calquera outro.
LUDOTECA / AXENCIA DE LECTURA MUNICIPAL DA SOLAINA
Luns 22 e martes 23 de abril de 18:00 a 19:00 h.
Obradoiro de elaboración de marcapáxinas.
- Luns 22 de abril de 18:00 a 19:00: Para nenos e nenas de 7 a 12 anos.
- Martes 23 de abril de 18:00 a 19:00: Para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Elaboraranse distintos formatos de marcapáxinas de maior ou menor dificultade dependendo das idades e habilidades dos/as menores.
Mércores 24 de abril de 16:00 a 17:00 h.
Contacontos.
Para nenos e nenas entre 3 e 12 anos.
Os nenos e nenas máis grandes exercen esta vez de contacontos para os máis pequenos/as. Coa axuda das educadoras seleccionarán e prepararán os seus contos preferidos para compartir cos/as compañeiros/as.
Xoves 25 de abril de 16:00 a 17:00 h.
Obradoiro de minilibros e cadernos de notas.
Para nenos e nenas entre 7 e 12 anos.
Os nenos e nenas elaborarán un pequeno libro de peto que pode incluir ilustracións, textos ou mesmo servir como caderno de notas.
Luns 29 e martes 30 de abril de 18:00 a 19:00 h.
Obradoiro de pin en forma de libro.
- Luns 29 de abril de 18:00 a 19:00: Para nenos e nenas de 7 a 12 anos.
- Martes 30 de abril de 18:00 a 19:00: Para nenos e nenas de 3 a 6 anos.
Utilizando cartón, corda, pintura, pegamento e tea de saco confeccionaremos un pin con forma de libro para lucir na nosa roupa.
Engadir comentario