Campaña de recollida de libros para o Centro de recursos solidarios
Xoguetes e libros para o Nadal
O Concello iniciou o pasado martes 19 de novembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias con escasos recursos. A recollida dos xoguetes está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.
Máis información: Campaña de recollida de xoguetes.
Paralelamente a Biblioteca de Narón organiza unha campaña de recollida de libros para que, ademáis dos xoguetes, os nenos e nenas de Narón atopen na súa árbore de Nadal un conto infantil adaptado á súa idade.
Os libros poden entregarse entre o luns 25 de novembro e o sábado 14 de decembro en calquera dos tres dispositivos bibliotecarios municipais:
- Na Biblioteca central do Alto de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00.
- Na Axencia de lectura municipal da Gándara, de luns a venres de 17:00 a 19:00.
- Na Axencia de lectura municipal da Solaina/Ludoteca de luns e venres de 16:00 a 20:00.
Os contos doados, que deberán estar en perfecto estado e sen marcas, serán clasificados por idades polo persoal da biblioteca. O servizo organiza un obradoiro de empaquetado creativo para que as persoas maiores de 16 anos que así o desexen poidan participar envolvendo para agasallo estes contos. A cita será o martes 17 de decembro entre as 18:00 e as 20:00 horas, intervalo horario no que a chegada e a saída é libre. Para participar non é necesaria inscrición previa.
Engadir comentario