Presentación de "Nana para un soldado"

xoves, 23 de Xaneiro de 2020

Pepablo Patinho presenta o seu libro na biblioteca

O vindeiro xoves 30 de xaneiro conmemórase o Día escolar da paz e non violencia coincidindo coa data do pasamento de Mahatma Gandhi en 1948.

Esta celebración ten por obxectivo a educación para a tolerancia, a solidariedade, a concordia e o respecto aos Dereitos Humanos. Os centros educativos de todos os niveis convértense así en instrumentos para a paz e a non violencia.

O Concello de Narón programa para esta data á representación teatral da obra Nana para un soldado, escrita por Pepablo Patinho e representada por Teatro Ghazafelhos, á que asistirá o alumnado de 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Narón.

Esta función compleméntase coa presentación ás 18:00 horas na Biblioteca municipal do Alto do texto no que se basea a obra teatral. O acto estará protagonizado polo autor, Pepablo Patinho, que fará unha presentación dinámica do libro para que os nenos e nenas gocen desta actividade. A presentación está aberta ao público en xeral e especialmente recomendada para o público infantil.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións
Libros
Autores/as
Biblioespazo 2020